Categoría: Contido

II Campamento de Verán municipal

 II Campamento de Verán municipal


30/06/2021 EXP. 688/2021. LISTA DE ADMITIDOS/AS NO "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”, e á vista das solicitudes presentadas.

Visto que a competencia para a resolución do presente expediente está atribuída á Alcaldía

RESOLVO:

Primeiro.- ADMITIR NO "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”, AOS SEGUINTES SOLICITANTES:

Lista de Admitidos



17/06/2021

O Concello Forcarei impulsa o II Campamento de Verán municipal para axudar coa conciliación

  • Oferta 60 prazas, 30 en Soutelo de Montes e 30 en Forcarei, para nen@s nacidos entre 2009 e 2017
  • O campamento é gratuíto e celebrarase dende o 1 de xullo ao 7 de setembro. A inscrición estará aberta dende mañá ata o 22 de xuño


As pequenas e pequenos do concello poderán gozar durante os meses de xullo e agosto do II Campamento de Verán que o Concello de Forcarei organiza en Soutelo de Montes e en Forcarei para axudar ás familias coa conciliación e para ofrecer ás nenas e nenos unha alternativa de lecer divertida e educativa.

Pendente de novas indicacións da Xunta de Galicia relacionadas coa protección fronte ao covid-19 para este tipo de actividades, o Concello oferta neste campamento un total de 60 prazas para pequen@s nacidos entre 2009 e 2017, 30 en Soutelo e 30 en Forcarei, e non terá ningún coste para as familias.

A previsión é que se celebre dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro, ata que comece o próximo curso, de luns a venres en horario de mañá.

Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar d@s nen@s: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc. O prazo de inscrición estará aberto dende mañá mércores ata o 22 de xuño e as familias interesadas poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As que xa participaron nas Tardes de Lecer non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscrición.

Despois do éxito da edición pasada e da gran acollida que tiveron as ‘Tardes de Lecer’ durante o curso escolar, a alcaldesa

elo volverán ser as sedes operativas do campamento, aínda que se trasladarán ao exterior moitas das actividades previstas, en prazas, parques, ríos, montes ou nas piscinas municipais. Verónica Pichel non dubidou en repetir a iniciativa para os vindeiros meses. Deste xeito, o centro social de Forcarei e o vestíbulo do auditorio de Sout

Así mesmo, haberá moitas accións cunha finalidade educativa para que @s cativ@s repasen os contidos aprendidos durante o curso escolar, ou de fomento da imaxinación e do traballo en equipo, tratando temáticas como a igualdade, a familia ou as tradicións do municipio, entre outras. Realizaranse tamén obradoiros de todo tipo, cociña creativa, d
eporte e psicomotricidade, novas tecnoloxías, animación á lectura ou teatro e saídas a lugares próximos para coñecer o contorno e recursos turísticos de Forcarei.
O persoal estará formado por unha educadora social licenciada en Psicopedagoxía, outras dúas educadoras sociais e dúas monitoras de ocio e tempo libre.

Finalmente, agárdase que a situación epidemiolóxica permita facer algunha excursión a un parque acuático e algunha xornada de convivencia entre os dous grupos de Soutelo e Forcarei.





INFORMACIÓN PÚBLICA PARQUES EÓLICOS 2021

INFORMACIÓN PÚBLICA PARQUES EÓLICOS 2021


Anuncio da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra polo que se somete a información pública as solicitudes de Autorización Administrativa Previa e de Declaración, en concreto, de Utilidade Pública, e o Estudo de Impacto Ambiental do Parque Eólico Siroco, de 61’6 MW, situado no termo municipal de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), Parque Eólico Tramontana, de 72’8 MW, situado nos termos municipais de Forcarei e Silleda (Pontevedra), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais de Cerdedo- Corobade, Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense).





Documento completo en Pdf



BASES REGULADORAS CONCURSO DE TAPAS 2021

BASES REGULADORAS CONCURSO DE TAPAS 2021


O Concello de Forcarei organiza a primeira edición do Concurso de tapas.

O obxectivo e dar a coñecer a variedade e riqueza gastronómica do municipio coa colaboración dos establecementos hostaleiros da zona.

Preténdese acadar con esta iniciativa unha promoción do concello que, a súa vez, redunde no impulso e dinamización do sector hostaleiro e comercial da comarca a través da difusión, entre o público en xeral, da calidade e variedade gastronómica coa que conta o Concello.




INFORMACION PERMISO DE CONDUCIR

 INFORMACION PERMISO DE CONDUCIR


A DXT é o organismo encargado da emisión de permisos de conducir en España. Para garantir que todos os condutores teñen as aptitudes necesarias para conducir os diferentes vehículos, realizan exames nos cales avalían os coñecementos e as habilidades para obter os diferentes tipos de permisos e licenzas. En caso de realizalo por conta propia, debe de solicitar o exame a través da seguinte ligazón: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir

Os candidatos para realizar devanditos exames, deben obter unha formación previa. https://www.onroad.to/teorico/test-dgt-gratis

Aquí poderá atopar todo o material oficial actualizado e a axuda necesaria para cumprir os seus obxectivos.



“Elas” Proxecto de visibilidade das mulleres do concello de Forcarei

“Elas” Proxecto de visibilidade das mulleres do concello de Forcarei


Mulleres de Forcarei

Mural homenaxe as mulleres do Concello de Forcarei

Tres mulleres coñecidas –a impulsora da parcelaria, Xana da Ponte; a protagonista do filme de Chano Piñeiro, Mamasunción; e a mestra Carme Cubela– e outras tres anónimas. Son o eixo da intervención artística financiada por a Deputación e que destaca o peso da muller na historia cultura galegas.




SUSPENSIÓN DA FEIRA DE SOUTELO

SUSPENSIÓN DA FEIRA DE SOUTELO


Vista a influencia da pandemia do virus COVID 19 (Coronavirus) na poboación , e a si tuación de risco para a saúde pública, e atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias, e de conformidade do establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local


RESOLVO

PRIMERO.


Adoptar as medidas que se describen a continuación a consecuencia dos seguintes feitos :



PANDEMIA DE VIRUS COVID 19 (Coronavirus) que supoñen unha situación de RISCO SANITARIO XERAL

- SUSPENSIÓN DA FEIRA DE SOUTELO DE MONTES QUE TERÍA QUE CELEBRARSE O DÍA 24/02/2021

 

Decreto



O Castro de Rodeiras

O Castro de Rodeiras


Os castros foron aldeas fortificadas. Adoitaban estar situados en outeiros ou lugares singulares, así podían ver quen se achegaba e dominaban ríos e camiños.

Os castros estaban protexidos por unha ou varias liñas de muros, parapetos e foxos. Ao Castro entrábase, cando menos, por unha porta (como a atopada hai pouco nas Rodeiras). Ao carón da porta ás veces había estatuas de pedra.

As vivendas adoitaban ser circulares pero tamén hai moitos exemplos con forma rectangular e oblonga. N un principio as paredes estaban construí das con zócalos de pedra e palla barro e posteriormente por cachotes. Os teitos facíanse cunha estrutura de madeira e palla de cereal.
Estas casas tiñan fornos, muíños, pías para os anima is ... O chan normalmente era de terra.

As xentes dos castros bebían auga, cervexa, leite ... e comían cereais, carne, peixe, incluso marisco se estaban achegados ao mar. lsto sábese polos restos de ósos, espiñas e cunchas que atopan os arqueólogos/as nos chamados cuncheiros.

Vestían roupas de pel e tecido que elas e eles mesmos confeccionaban. Usaban saias, pantalóns, capas e mantos. Algúns afeitábanse con alfaias de ouro!!. Hoxe en día podemos ver obxectos marabillosos da cultura castrexa nos nosos museos.

Dominaban a metalurxia perfectamente e facían ferramentas e obxectos de uso diario como coitelos, anzois, fouciños, cuneas, fibelas para as roupas, pesos para as redes ... Os guerreiros castrexos tiñan espadas, machados e lanzas que fabricaban con bronce ou ferro, e pequenos escudos redondos.

O traballo de cantería era moi bo xa que levantaban muros e portas enormes, casas, muíños e incluso tallaban cabezas humanas e de animais, guerreiros enormes, adornos con forma de espiral, de trisque! ou xeométricos para as casas.

En cerámica creaban cuneas, vasillas, potiños e olas, ás veces, con decoracións sorprendentes. Tamén construían obxectos de todo tipo en madeira. Facían os muíños con dúas pedras, unha máis ben plana onde se esmagaba o grao coa outra pedra que tiña forma de rolo.

As xentes que habitaban nos castros relacionábanse e comerciaban entre elas e con outros pobos como os fenicios ou os romanos.

CLAVE DE IDENTIFICACION: GA36018007

LOCALIZACION:

Provincia: Pontevedra.
Concello: Forcarei.
Parroquia: Millerada (San Mamede).
Lugar: Garellas
Altitude: 655 m.s.n.m.

DESCRICIÓN:

Poboado fortificado da ldade do Ferro situado no cumio dun pequeno outeiro, que domina a aldea de Garellas dende o leste.
O xacemento componse dun recinto principal ou croa de forma oval coa entrada principal ao SL. Esta, ábrese a un pequeno antecastro. Un foxo duns 6 m. de anchura defende o sector leste e norte da croa. Este sistema defensivo compleméntase coa presenza de fortes terrapléns todo arredor do recinto principal, que acadan a súa maior altura no sector oeste. Ao leste apréciase un terraplén de 12,5 m. e un parapeto de 4 m.

DIMENSIÓNS:

Eixo maior (N-5) 85 m. Eixo menor (L-O) 65 m.

DESTRUCIÓNS:

Aínda que o xacemento se atopa aparentemente en bo estado, dé bese resaltar que nos anos 90 do século XX se apreciaban remocións na croa resultado de escavacións furtivas. Asemade, recentemente tivo alí un campo de fútbol.

FOLCLORE:

- Cóntase que ten un túnel que vai ata o castro de Sanguñedo.
- Disque ás veces aparece unha galiña que leva uns pitos de ouro que desaparecen ao intentar collelos.
- Tamén se di cía que vivían alí mauros e que marcharon á guerra e algúns quedaron alí escondidos.
- Outra lenda di que na gabia que rodea o castro hai tres vigas, unha de ouro, outra de prata e outra de "alcatrán".




O CONCELLO PAGARÁ 10 EUROS A CADA FORCARICENSE QUE GASTE 30 NO COMERCIO E NA HOSTALERÍA LOCAIS

O CONCELLO PAGARÁ 10 EUROS A CADA FORCARICENSE QUE GASTE 30 NO COMERCIO E NA HOSTALERÍA LOCAIS


• Investirá 5.000 euros nesta campaña para promover o consumo no municipio, especialmente orientada aos negocios máis afectados pola crise sanitaria

• Distribuiranse 500 bonos de 10 euros paras veciñas e veciños maiores de idade e empadroados na localidade, cun máximo dun por persoa.

• Esta campaña permitirá xerar un movemento de cartos por valor dun mínimo de 15.000 euros entre as pemes de Forcarei

• Os establecementos poderán adherirse á iniciativa ata o vindeiro xoves e os bonos comezarán a distribuírse o 21 de decembro. As compras poderán efectuarse entre o 21 de decembro e o 31 de xaneiro

O Concello de Forcarei porá en marcha a partir da vindeira semana unha campaña para promover o consumo nos establecementos da localidade mediante a que achegará á veciñanza 10 euros por cada compra que efectúen cun valor igual ou superior a 30 euros, o que significa que @s consumidores pagarán 20 euros e o Concello os 10 restantes.

O Goberno local investirá nesta iniciativa un total de 5.000 euros, o que supón que se distribuirán 500 bonos de 10 euros (un por persoa) para gastar en negocios de Forcarei, promovendo un movemento de diñeiro por valor de polo menos 15.000 euros.

"Ademais de fomentar o consumo local nestas datas de Nadal, con esta campaña queremos axudar ás empresas de Forcarei a ter un volume máis alto de negocio, principalmente ás máis afectadas pola crise sanitaria derivada do coronavirus que tiveron que pechar as súas portas durante o estado de alarma, e ao mesmo tempo concienciar á poboación sobre a necesidade de colaborar coas empresas locais”, manifestou a alcaldesa Verónica Pichel.

Poderán beneficiarse desta campaña as veciñas e veciños empadroad@s no concello de Forcarei, maiores de idade, previa solicitude na casa consistorial. O número de bonos está limitado a un por persoa ata esgotar as 500 unidades.

As empresas interesadas en participar nesta iniciativa deberán adherirse á mesma desde mañá ata o xoves 17 de decembro e @s veciñ@s poderán pedir os bonos a partir do luns 21 de decembro no Concello de Forcarei, solicitando cita previa no??986 75 50 36 (extensión 2029). 

Así mesmo, as compras obxecto desta campaña poderán realizarse entre o 21 de decembro e o 31 de xaneiro.

Pola súa banda, as empresas poderán enviar as facturas e bonos ao Concello para o seu pagamento entre o 11 de xaneiro e o 11 de febreiro.


Bases Reguladoras



Campamento de Nadal 2020 en Soutelo e Forcarei

Campamento de Nadal 2020 en Soutelo e Forcarei


Do 23 de Decembro ó 7 de Xaneiro
Para nen@s de 3 a 12 anos
De Luns a Venres de 9:00 a 14:00 horas

PRAZAS LIMITADAS - GRUPOS REDUCIDOS
Inscripcións: do 1 ó 15 de Decembro

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NO CONCELLO:

- Formulario cuberto (dispoñible nas oficinas do Concello)
- Fotocopia do DNI da nai, pai ourepresentantes legais.
- Fotocopia e orixinal do libro de familia ou documento que acredite oficialmente a situación familiar
- Fotocopia e orixinal do titulo de familia numerosa.
- Fotocopia do xustificante de ocupación laboral (2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballador@s por conta propia.
-Documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo.

As familias que xa participaron no campamento de verán ou nas Tardes de Lecer NON terán que presentar toda esta documentación, SÓ A
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

Terán preferencia as familias empadroad@s e nais ou pais que traballan fóra da casa, podendo realizar a solicitude non empadroad@s e nais ou pais que traballen dende a casa e/ou desempregad@s.


22/12/2020

EXP. 1505/2020. LISTA DE ADMITIDOS/AS



Medidas COVID-19 Día de Difuntos.

Medidas COVID-19 Día de Difuntos.


MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE Ó COVID_19 NO CEMITERIO MUNICIPAL DE FORCAREI E NOS CEMITERIOS PARROQUIAIS DO MUNICIPIO ANTE A FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS


MEDIDAS DE PROTECCIÓN PERSOAL



a) Evitarase o contacto físico e deberase de cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida , alomenos 1,5
b) Cumpriranse as medidas de limitacións de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias
c) Seguirase a normativa vixente en Galicia en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica.
d) non se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poda respectar unha distania mínima interpersoal de, alomenos 2 metros.
e) Realizarase unha adecuada hixiene de mans e hixiene respiratoria:
? Lavado frecuente e meticuloso das mans con auga e xabón cando estean visiblemente suxas e despois de usar o inodoro. No resto de situacións poderanse empregar solucións/xeles hidroalcohólicos ou antisépticos con capacidade virucida.
? Usar panos desbotables ao tusir ou esbirrar e desbotalos nunha papeleira tras o seu uso. De non dispoñer de panos desbotables, cubrir a boca e o nariz coa flexura do cóbado.
? Despois de tocar secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de panos) e/ou obxectos que poideran estar contaminados, deberase realizar unha hixiene minuciosa das mans.

MEDIDAS ORGANIZATIVAS

a) A situación epidemiolóxica actual, imposibilita a realización de misas de campaña nos cemiterios.
b) Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
c) Evitar o agrupamento de distintos grupos de visitas e permitir manter o distanciamento interpersoal nos puntos de entrada do recinto.
d) Establecer un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes. A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.
e) Recomendase as visitas aos cemiterios de forma escalonada, intentando realizalas nos días previos a todos os santos e difuntos.


MEDIDAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN.

Garantirase a existencia dun número adecuado de contedores para depositar os residuos xerados (flores, botellas, etc) que deberán estar abertos ou doutados de pedal de apertura. Co fin de evitar aglomeracións, os contenedores estarán o suficientemente espaciados.




EXP. 894 2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

EXP. 894 2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS


EXP. 894/2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL.

Vistas as BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL, que se transcribe de seguido e visto, así mesmo a urxente necesidade de cubrir a dita praza debido á xubilación da actual titular da mesma:
"BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL.
ARTIGO 1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

Será a formación dunha lista de reserva para a provisión interina dunha praza de auxiliar administrativo para a atención das BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS do Concello de Forcarei, coa calificación de personal laboral temporal, debido á a póxima xubilación da titular do posto, acreditada a concorrencia de necesidades urxentes e inaprazables, non comportando maior gasto no orzamento municipal que comprometa o cumprimento dos principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira municipal, e ante a imposibilidade de cubrir a praza definitivamente ata o ano 2021, conforme ó disposto polo artigo 10 do TREBP para os supostos que nel se recollen.


Publicación no BOP



ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA PARTICIPAR NAS TARDES DE LECER

ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA PARTICIPAR NAS TARDES DE LECER


- O Concello de Forcarei impulsa actividades para nen@s en Soutelo e Forcarei para axudar ás familias coa conciliación
- As persoas que xa efectuaron esta preinscrición están todas admitidas

O Concello de Forcarei abrirá o mércores o prazo para que as familias poida facer a matrícula nas ‘Tardes de Lecer’, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, que busca axudar ás nais e pais da localidade a conciliar a vida laboral e familiar. As persoas que xa efectuaron esta preinscrición están todas admitidas.

Despois do éxito acadado polo I Campamento de Verán municipal e ante a ausencia de actividades extraescolares nos centros educativos da vila, Verónica Pichel decidiu a ampliación deste tipo de actividades para rapazas e rapaces en horario vespertino. Concretamente, as ‘Tardes de Lecer’ estarán dispoñibles os luns e mércores en Soutelo de Montes (no vestíbulo do auditorio) e os martes e xoves en Forcarei (no centro social).

Esta iniciativa de respiro familiar e de aprendizaxe e ocio para @s máis cativ@s non terá ningún custo económico para as familias, comezará o vindeiro 28 setembro e prolongarase inicialmente ata finais de ano. As nenas e nenos poderán gozar de numerosos obradoiros e xogos sobre cociña, creatividade, teatro..., e levaranse a cabo accións ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

As familias interesadas neste servizo poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As familias que xa participaron no campamento de verán non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscripción. Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc. Os grupos serán de mínimo 12 nen@s e máximo de 15.

O persoal responsable desta actividade estará formado por unha educadora social licenciada en Psicopedagoxía, outras dúas educadoras sociais e dúas monitoras de ocio e tempo libre.





Publícase a lista definitiva por orde de puntuación do proceso de selección de persoal laboral temporal dun educador a familiar para o Concello de Forcarei

Publícase a lista definitiva por orde de puntuación do proceso de selección de persoal laboral temporal dun educador a familiar para o Concello de Forcarei


PUNTUACION FINAL DO PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR/A FAMILIAR PARA O CONCELLO DE FORCAREI


Lista definitiva



Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas na fase de oposición e na fase de concurso.

Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas na fase de oposición e na fase de concurso.


Segundo o punto 8. das bases para a convocatoria e selección de persoal laboral temporal dun educador/a familiar para o Concello de Forcarei,


Ábrese un prazo de tres días hábiles para presentar alegacións, ata as 14:00 horas do luns día 3 de agosto de 2020, momento no que o Tribunal se reunirá e se procederá á publicación da lista definitiva dos aspirantes coas puntuacións acadadas neste proceso selectivo.


Puntuacións fase de oposición



Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste segundo exercicio

Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste segundo exercicio


Segundo o punto 8. das bases para a convocatoria e selección de persoal laboral temporal dun educador/a familiar para o Concello de Forcarei, unha vez finalizada a corrección do segundo exercicio o día 23 de xullo de 2020:

Puntuacións Segundo Exercicio

Ábrese un prazo de dous días hábiles para presentar alegacións, ata as 14:00 horas do martes día 27 do 2020, momento no que o Tribunal se reunirá e se procederá a publicación definitiva da lista.

Convócase a dona Cristina Piñeiro Rial con DNI .....11OB á realización do terceiro exercicio sobre o coñecemento do idioma galego, o mércores 29 de xullo de 2020, ás 10:00 horas.





 

Nº de resultados:
140
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +